Amigus
As Pontes

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14: Farmavida e Bar Xardín comandan a clasificación

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Farmavida, cun partido menos, e Bar Xardín (antes Santaballés) seguen firmes na cabeza da clasificación despois dos seus triunfos ante Xuntanza (3-1) e MMYPEM (3-0). As Pontes 74 e Galaxia empataron a un gol, o mesmo resultado que se deu no outro encontro entre Mobles Eume e Mesón A Cepa. O equipo mobleiro non está a pasar por un bo momento de xogo e tras adiantarse no marcador veuse sorprendido nos minutos finais polos mesoneiros, que lograron empatar o choque e levarse un merecido punto.
Comparten a primeira posición, con nove puntos, Farmavida, que xa descansou, e Bar Xardín cun partido máis. Despois están As Pontes 74 e La Galaxia, con sete puntos. A catro puntos dos líderes atópase Mobles Eume, seguido de A Cepa, con 4, Maren con 3, MMYPEM cun punto e pecha a clasificación Xuntanza, que aínda non puntuou no presente campionato de liga.
Javi, de Farmavida, que vai a dous goles por partido, lidera a clasificación dos goleadores con seis tantos, seguido de Carlos Piñón (Maren), Julio (As Pontes 74) e Lozano (Bar Xardín) con tres tanto cada un.
RESULTADOS 4ª XORNADA: 26/27 – Outubro – 2013
Farmavida – Xuntanza (3-1) Javi (2) e Juanjo / Carlos
Bar Xardín – MMYPEM (3-0) Lozano
As Pontes 74 – La Galaxia (1-1) Julio / Barcón
M. Eume – A Cepa (1-1) Cendán / Andrés
Descansou: Maren
veteranos


5ª XORNADA: 2/3 – Novembro – 2013
Xuntanza – MMYPEM (Sáb. 2, 20,00h)
La Galaxia – Bar Xardín (Dom. 3, 10,00h)
Maren – Farmavida (Dom. 3, 11,00h)
A Cepa – As Pontes 74 (Dom. 3, 12,00h)
Descansa: Mobles Eume
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios