LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0)

O Fendetestas derrotou ó CRAT de A Coruña nun partido no que á fin puido dispoñer de efectivos, sendo desta vez o rival o que acudía con tan só catorce xogadores.
Dispostos a reconducir o errático rumbo da primeira volta, os ponteses saíron moi metidos, sabedores de que era a súa ocasión, e de camiño acadaban o primeiro ensaio para adiantarse.
Coa mesma intensidade foron quen de manter o balón sempre en campo rival, contragolpeando con moito perigo, e seguros atrás, cando os herculinos trataban de sacudirse a presión xogando ó pé.
Xa con dous ensaios de vantaxe, o equipo visitante perdería outro xogador por lesión, co que quedaban con dous homes menos, malia o que seguiron defendéndose con moita orde, o que obrigou a redobrar esforzos ós da casa para acadar dous ensaios máis que deixaban o bonus ofensivo asegurado xa no descanso.
Virábase a situación da primeira volta, cando os ponteses xogaron todo o partido con dous homes menos, malia o que gañaron aquel choque, polo que no segundo tempo non se permitiron confianzas e seguiron mantendo o seu esquema de xogo de agrupar ata crear os espazos, e só entón despregar o xogo á man.
Os ensaios seguiron caendo ata chegar ó 50 -0 final que permite afrontar cun rearme de moral o derbi desta fin de semana en Ferrol.
O máis positivo para os verdes foi o bo papel dos máis novos, os xuvenís Borja e Miguel, e a adaptación de Antón ó posto de apertura, que asinou catro ensaios. O negativo as lesións de Ángel e do propio Antón.
Xogaron polo Fendetestas: Moncho, Lois, Xose, Ángel (Iago, min. 50), Gallardo, Rafa, Toño, Mariño, Kiko, Antón (Huesy, min. 60), Borja (Víctor, min. 70), Álvaro, Robert, Pablo, e Miguel.
fendetestas_001.jpg


fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
Nova cortesía de A.F. e X.C.

También podría gustarte
Comentarios