Amigus
As Pontes

LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 2 DEPORTIVO DE A CORUÑA 5

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Derrota do equipo xuvenil 2-5 no encontro disputado na tarde de hoxe ante o Deportivo.
Chegaba a As Pontes o segundo equipo xuvenil do Deportivo, ou sexa, varios dos mellores futbolistas xuvenís de primeiro e segundo ano que hai por Galicia adiante. Pero sen embargo as cousas comezaron ben pra os locais, que se marcharon ó descanso por diante no marcador, tras marcar nun bo disparo de Alex que desvía o porteiro coruñés como pode e entre Marcos e o defensa visitante o balón acaba no fondo das mallas (31´).
Pero nada máis comezar a segunda metade confirmouse o dito de que non dura moito a alegría na casa dos pobres, e no minuto 51´ o internacional español sub17 Denis López (foto 1) fai un remate acrobático e consigue o empate. Volveu a adiantarse o As Pontes por medio de Dani, que fai un quiebro ó defensa e marca de tiro cruzado e con tranquilidade (56´). Era o 2-1 e a parroquia local que hoxe tivo gran presencia soñaba co triunfo.
aspontes-depor_01.jpg


Pero nada máis lonxe da realidade, hoxe o Deportivo veu co equipo de gala e o mister tiña gardado un as na manga pra o segundo tempo, o extremo e xogador da galega sub16 Manuel Santiso (foto 2) que fixo todo o que quixo pola banda dereita e foi do mellorciño que se veu este ano polo campo do Poboado, Terceira División incluida.
El mesmo foi o encargado de empatar no minuto 60´ tras aproveitar un rexeite que lle caeu nos pes dentro da área. Pouco despois no 64´ noutra internada por banda servía a Denis en bandexa, e este, co olfato goleador propio dun internacional non fallou e puxo o 2-3 no marcador. Non se rendiu o As Pontes e foi a polo empate, pero noutra cabalgada de Manu por banda no 79´ cedeu o balón a Pablo que marcou a placer. Seguirono intentando os locais, pero no 90´ chegou a sentencia dun Deportivo ó que xa lle saía todo, e Aldán marcou un golazo dende fora da área que se colou pola escadra outorgando unha merecida victoria por calidade pra o cadro herculino, anque excesiva derrota pra os méritos do cadro pontés.
Non obstante, o Deportivo non é o rival do conxunto de Carballo, os rivais dos azuis son os equipos que están na zona baixa, e precisamente o próximo fin de semana visita o Poboado un conxunto que ten os mesmos puntos que os locais, o Chantada, asi que si hoxe o campo rexistrou unha notable entrada, dentro de sete días non se espera menos para un As Pontes que agora mesmo é quinto pola cola con 16 puntos (á espera dos resultados de Travesas e Montañeros), que leva tres encontros sen puntuar, e que no vindeiro encontro agarda que o público pontés lles axude a lograr os tres puntos en xogo.
O As Pontes xogou con Julián, Gogas (Abeás 29´), Isma, Toti, Guille (Juan Donapetry 65´), Juancito, Alex Cabarcos (Sergio Criado 81´), Chungui, Dani (Javi 65´), Xabi Pellón e Marcos.
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
aspontes-depor_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios