Linux, máis ecolóxico que Windows ou Mac OS X

Lendo muylinux.com:
“Como sinalan os nosos compañeiros de MuyComputer, Microsoft e Apple estiveron na vanguardia dos esforzos para facer a computación ecolóxica, aforrando enerxía, e, por suposto, facendo saber ó mundo que o estaban a facer. Pero, segundo ZDNet, Linux é máis ecolóxico qeu Windows e Mac OS e para demostralo dan 10 razóns/motivos que xustifican a afirmación. Vexamos cales son os principais motivos que dan veracidade á frase de Jack Wallen de ZDNet.”…


…”O artigo orixinario desta nova, pode lerse en ZDNet, e explica de forma concienzuda 10 maneiras nas que os departamentos informáticos poden volverse máis ecolóxicos usando Linux. O primeiro punto que se trata é que Linux precisa menos potencia de equipo, facendo uso polo tanto de procesadores máis modestos precisando hardware menos avanzado que Windows ou Mac OS X, concluíndo ademáis que se pode usar hardware en Linux por moito máis tempo que coas outras opcións.
O señor Wallen cita un estudo do goberno da oficina do goberno de Reino Unido de 2003 (PDF) na que se afirma que os usuarios de Windows teñen que actualizar os seus computadores co dobre de frecuencia que os usuarios Linux. Para un usuario Windows, a actualización do equipo soe levar de entre tres a catro anos mentras que os usuarios Linux se toman de media entre 6 e 9 anos.
Outro dos puntos tocados é o aforro enerxético que se produce ó utilizar Linux. Como exemplo menciona unhas probas de consumo na que uns servidores Red Hat Linux baten a Windows Server 2008 en 13 das 16 probas. Parece quedar claro que a eficiencia enerxética é un punto a ter en conta tanto para loitar contra o quecemento global como para abaratar a factura eléctrica a fin de mes, e Linux demostrou destacar nese aspecto.
O resto de puntos son máis ben unha serie de consello para facer Linux máis ecolóxico, así que recomendamos a lectura.”…
Fonte: muylinux.com

También podría gustarte
Comentarios