Mamá Cabra e varias curtas, protagonistas desta fin de semana nas Pontes

[Diario de Ferrol] As actividades da fin de semana das Pontes xiran en torno á celebración do Día das Letras Galegas.


Esta tarde no auditorio municipal Alovi darase a coñecer o nome do gañador do I Certame Literario Letras Galegas “As Boliqueiras”, organizado pola Mesa de Normalización Lingüística. Trátase dun concurso de redacción co tema do desuso e a perda do idioma galego entre as novas xeracións e posibles alternativas para o cambio desta situación.
A xornada do sábado comezará cun recital do grupo de folc galego Mamá Cabra. Será no Alovi, a partir das doce do mediodía. Pola tarde, pero no Liceo Recreativo Artístico, a música continuará sendo a protagonista da man do grupo poético Alalá, que desde ás cinco lerá algúns dos seus textos acompañado pola Rondalla Vila das Pontes. A actividade cultural do municipio complétase coa proxección de tres curtametraxes galegas no cine Alovi. Será o sábado ás oito e ás dez da noite e o domingo ás sete da tarde.

También podría gustarte
Comentarios