Mañá ás 21:00h, teatro no Alovi: ‘O burgués fidalgo’

Teatro do Morcego (Cangas), representará en As Pontes “O burgués fidalgo”, unha comedia musical escrita por Molière, considerada polos críticos como a obra máis graciosa deste autor.
oburguesfidalgo.jpg
Xénero: Comedia musical.
Público: Adulto.
Duración: 1 h.
Prezo: 3 € (entrada normal) – 1,5 € (maiores de 65 anos, carné xove ou carné estudiante menor de 26 anos) [O prezo das entradas está aínda por confirmar]


Autor: Molière
Director: Celso Parada
Elenco:
Actores: Luisa Merelas, Maxo Barjas, Juan Carlos Mosquera ‘Mos’, Xavier Estévez, Blanca Cendán, Mundo Villalustre e Santi Prego
Bailarinas:Leticia Alfaya e Ánxeles Soliño
Músico: Xesús A. Alonso e Ramón Bermejo
Sinopse:
Monsieur Jourdain é un rico e basto comerciante que, nas súas aspiracións por mesturarse coa clase social superior, cae baixo o engano dun aristócrata sen escrúpulos que busca desposuírlle dos seus cartos.
A xuízo de moitos O burgués fidalgo é a obra máis divertida de Molière, na que xunta con mestría as situacións xocosas e a sátira mordaz do novo rico tolo por aparentar o que non é.
Ficha técnica extraída da web do Instituto Galego das artes escénicas e musicáis.

También podría gustarte
Comentarios