«Como touciño, viño, café, pero a miña especialidade é traballar»

[La Voz de Galicia] Salustiano Ameneiro Vázquez é simplemente labrador. Non sabe ler nin escribir, pero é un sabio. Intercala cada dous por tres refráns e citas para contestar con moito humor e retranca ás preguntas. O sábado cumpriu 88 anos e aínda anda nas leiras plantando nabos. Tamén ten vacas, porcos e galiñas na súa casa de Pontoibo (As Pontes), na que vive coa súa muller.
salustiano.jpg


¿Como é que traballa tanto?
– Porque me gusta moito o campo, aquí está todo, aínda que non enriqueces. Toda a miña vida tiven vacas e cavei nos montes.
E se volvese a nacer…
– Volvía ao mesmo.
Todos os anos aínda fai de subastador de produtos do campo na festa de San Vicente de Pontoibo ¿Canto leva con iso?
-Cincuenta anos. Cando empecei coa puxa soamente había maínzo e patacas, agora veñen queixos, roscóns e ata botellas de coñac.
Pero ¿non se cansará?
-Cando aljo justa non asusta. Non me canso, non.
Di a súa filla Pilar que pasa todo o ano esperando pola puxa de San Vicente, que é o máis importante para vostede.
-Bueno, importante é que haxa saúde e ter tranquilidade.
Con 88 anos ¿a que ten un medo?
-A nada, solo a padecer.
Pero de saúde anda moi ben.
-Si, pero de aquí non somos.
¿Como se coida?
-Pois como touciño, bebo viño, café… Pero a miña especialidade é traballar, aínda que teño as mans encollidas pola artrosis.
Disque é moi independente.
-Teño que selo, é moi importante seguir no sitio no que naces.
Tamén disque é moi querido en As Pontes.
-Ata as pedras me coñecen, si. Sempre deixei o camiño moi limpo, supoño que por iso…
Segundo a súa filla é poeta.
-Ditei algunhas cousas, como son un analfabeto.
¿Que pensa da xuventude?
-Os novos parecen máis amargos que antes. Eu cando tiña vinte anos e íamos ás festas, xa cantábamos polo camiño. Aínda agora, ¡o que justa cantar e bailar!

También podría gustarte
Comentarios