Mancomún debate hoxe en Santiago sobre os procesos de mercantilización do coñecemento e do software
Lendo mancomun.org:
“O coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Xesús M. Benitez Baleato, estará esta mañá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela para impartir un relatorio sobre os procesos de mercantilización do coñecemento, aplicados concretamente ao mundo do software.”…
…”Esta charla enmárcase dentro do curso A canonización do mercado inmaterial. A mercantilización do coñecemento, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia).
Este curso, que comezou o pasado luns 14 de xullo e se prolongará ata mañá venres, ten como propósito debater sobre a mercantilización dos bens inmateriais e cuestionar a súa lexitimidade dende diferentes óptica.
A xornada de hoxe, coa participación de Mancomún, centrarase na perspectiva das novas tecnoloxías. O programa comezará ás 10 horas coa intervención de Baleato, quen se incorporará, posteriormente, a unha mesa redonda na que participarán o presidente de INEO, Jorge Cebreiros; a presidenta de EGANET, Beatriz Legerén; e o presidente de AGASOL, Javier Vázquez.
Joan Mayans i Planells, antropólogo social e empresario do Observatorio para a Cibersociedade, completará a sesión da mañá cun relatorio sobre os retos e os desafíos da sociedade da información. Esta presentación precederá un coloquio sobre as novas estratexias na sociedade da información na que compartirán mesa o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourese, Enrique Barreiro, e o director de Culturagalega.org, Manuel Gago.
O curso clausurarase mañá cunha xornada sobre globalización e subdesenvolvemento. Con esta visión pecharase unha análise integral sobre o modelo de sociedade da información e do coñecemento cara ao que se camiña en canto a termos de regulación. “…
Fonte: mancomun.org