MANIFESTACIÓN DOS BOMBEIROS COMARCAIS DE GALICIA NA SEDE DE NATUTECNIA

Onte, os bombeiros dos parques comarcais de Galicia de xestión privada manifestaronse diante da sede da Consultoria Natutecnia s.l a cal xestiona o seis parques de bombeiros: As Pontes, Cee, Sta. Comba, Monforte, Sarria e Chantada.
Uns 150 bombeiros reclamaron a homoxeneización das condicións laborais dos parques que xestiona Natutecnia, que no caso da provincia de A Coruña levan 8 anos e no caso de Lugo levan 2, rexidos polo Estatuto dos Traballadores. Un estatuto que a empresa non respeta, chegando a facer pagar parte da formación obrigatoria anual con cantidades de ata 100 € por un curso de teleformación. Tamén aplica descontos salarais desproporcionados como medida represiva a quen exerce o seu dereito a folga. Unha folga que se iniciou o pasado 6 de septembro como consecuencia de que as empresas xestoras dos parques comarcais de bombeiros de xestión indirecta, entre elas Natutecnia, non quixeran negociar un convenio autonomico para o sector.
bombeiros_0001.jpg


Na actualidade 7 dos 13 parques que xestiona a concesionaria Veicar xa teñen un convenio e nas próximas datas o aplicara nos outros 6 restantes. En Pontevedra, a concesionaria Matinsa, esta a piques de cerrar un convenio para regular as condicions laborais dos 4 parques que xestionara nos vindeiros 8 anos.
Todo isto implica que, de 23 parques comarcais de xestión indirecta, os 6 que leva a empresa Natutecnia quedarian regulados polo Estatuto dos Traballadores, o cal non é escaso e insuficiente para a profesión de bombeiro.
Con esta manifestación celebrada onte, os bombeiros dos 23 parques comarcais de Galicia expresaron o descontento xeral sobre a politica xestora da empresa despois de que o 12 de novembro, a empresa comunicara os representantes, que a aplicación de un convenio integro e nas condicións actuais esta lonxe do conxunto de posibilidades da empresa e que o prezo do gas-oil incrementouse moito nos ultimos anos.
O vindeiro día 3 de decembro tera lugar en Santiago unha nova xuntanza de os representantes dos traballadores de Natutecnia e a empresa para tentar achegar posturas.
bombeiros_0002.jpg
bombeiros_0003.jpg
bombeiros_0004.jpg
bombeiros_0005.jpg
bombeiros_0006.jpg
Nova cortesía de Marco

También podría gustarte
Comentarios