Manual para instalar Guadalinex Mini 2004 en cafeteras

Lendo agnix.org:
“Miguel Bouzada acaba de publicar un manual para a instalación e configuración de Guadalinex Mini 2004 para cafeteras (computadores do século pasado). É un excelente documento non soamente pola súa extensión e detalle, ademais de estar completamente documentado con capturas de pantalla para facilitar o seguimiento do proceso, senón porque percorre todos os aspectos necesarios para ter un computador operativo para a utilización tradicional.”…


…”Dende unha configuración básica do escritorio, actualización do sistema operativo, instalación de impresoras ata temas máis avanzados como a montaxe dunha plataforma LAMP (GNU/Linux+Apache+MySQL+PHP/Perl/Python), das aplicacións de xestión Facturalux, Galopín e a de xestión de bibliotecas OpenBiblio. Ah e todo iso tanto en galego como en castelán.
En definitiva un luxo de HOWTO, polo que estamos moi agradecidos a Miguel e que tamén será moi útil aos proxectos que como o de reciclaxe de computadores co que colabora GALPon na Universidade de Vigo (proxecto GRUVI), traten de recuperar os computadores máis antigos para seguir dándolle algún tempo máis de utilidade.
O podedes atopar na sección de COMOs da web de GALPon.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios