Medalla de bronce para Gema Buitrón no Campionato de España en Sala

A arqueira pontesa Gema Buitrón ven de conseguir esta tarde a medalla de bronce nos Campionatos de España en pista cuberta disputados en Valdepeñas.
Coa ausencia de Beatriz Cabrero e da recente gañadora no Torneo Internacional sub21 Irene Delgado, o favoritismo recaía en Gema e na balear Magali Foulón.


Na primeira rolda clasificatoria disputada o venres Gema logrou a mellor marca das 22 participantes con moita suficiencia, 567 puntos, por 554 de Magali e 552 da andaluza Yolanda Navarro.
Xa nas eliminatroias deste sábado, na xornada matutina venceu en oitavos a Sophie Moreau (Castela León) 110-103, e en cuartos a Almudena Patón (Castela A Mancha) 114-105.
Pero nas semifinais disputadas pola tarde Gema veuse sorprendida pola madrileña Eva Lozano, coa que perdeu 108-109, namentres que Magali vencía á andaluza Navarro (117-90).
Xa na loita polo bronce Buitrón vencía a Navarro (115-101), e pola súa parte Foulón non deixou escapar a súa oportunidade e impúxose na final a Eva Lozano por 111-108, logrando o desquite a balear que o ano pasado perdeu as dúas finais (sala e aire libre) coa pontesa.
Gema dixo non estar todo o contenta que ela agardaba con este resultado, pero que non deixa de ser una medalla e polo menos durante este campionato o hombro non lle doeu tanto como estes últimos días.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios