MEDALLA DE BRONCE PARA BORJA PRIETO NO COPA DE ESPAÑA
Esta fin de semana desputouse no embalse de Pontillón de Castro (Pontevedra) as probas correspondentes á Copa de España nas distancias de 200 e 500 metros.
O palista pontés comezou na competición do doble hectómetro, no que foi sexto na contrareloxo, cun tempo de 38:098, gañada por Ekaitz Saies (36:931).
Nas semifinais tocoulle a serie de máis nivel e acabou cuarto (37:836). Clasificaron Ekaitz Saies, Fran Llera e Rodrigo Germade.
Na final B reservándose para o 500 deixouse levar e acabou oitavo (38:980).
Xa na proba do medio kilómetro, na contrareloxo Borja foi séptimo (1:42:881), distancia na que Álvaro Bravo marcou o mellor tempo (1:41:203).
Outra vez volveu a ter Borja a semifinal máis competida, e foi terceiro (1:41:073) por detrás de Ekaitz Saies e Iñigo Peña.
Curiosamente os tres colgaríanse as tres medallas na final A, nunha disputadísima regata que venceu Iñigo Peña (1:39:763), segundo Ekaitz Saies (1:40:079), e gran bronce para Borja (1:40:221). Por detrás quedaron Álvaro Bravo, Gabriel Campo, Diego Piña, Víctor Rodríguez, Rodrigo Germade e Fran Llera.
Nova cortesía de Xose Ferreiro