MIGUEL ALVARIÑO CLASIFICA Á FINAL INDIVIDUAL DA COPA DO MUNDO DE MEDELLÍN

Superou ó favorito coreano Kim Woojin, gañador de cinco mundiais e oito ouros da Copa do Mundo, e enfrontará na final ó xenial Brady Ellison.

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García, desprazouse esta semana á localidade colombiana de Medellín para a disputa da segunda proba da Copa do Mundo, e tras superar cinco enfrontamentos individuais disputará a final ante o xenial estadounidense Brady Ellison.

Na primeira xornada de onte celebráronse as tiradas de 72 frechas, nas que Miguel acabou nunha moi boa novena posición dos 85 participantes, e primeiro europeo, só quedando por diante del os tres coreanos, dous estadounidenses, un xaponés, un chino e un colombiano.

Miguel fixo 670 puntos. Moi ben tamén Juan Ignacio Rodríguez, undécimo con 669. Miguel Ángel Pifarre foi 43º con 648 puntos, e Antonio Fernández 44º con 646.

Ademáis, por equipos, España calificou sexta, con 1987 puntos, e cruzararase con Chile, undécima, no torneo por equipos.

Nas roldas eliminatorias indiciduais, Miguel quedou exento da primeira, e logo na segunda venceu cómodo ó francés Thomás Antoine (6-0).

Xa no día de hoxe, na terceira rolda venceu ó francés, ex campión europeo por equipos, Pierre Plihon (6-2), avanzando aos oitavos de final, nos que venceu ó chino Yu Xing (6-2), gañador de catro probas da Copa do Mundo.

En cuartos de final deu a gran campañada ó vencer ó número 1 da previa, o coreano Kim Woojin, ademais por un contundente 7-3. Estamos a falar dun gañador de cinco Mundiais e oito probas da Copa do Mundo.

Nas semifinais tampouco foi rival o xaponés Hideki Kikuchi, ó que venceu 6-2. Un competidor con menos renome que os anteriores pero un brillante gañador de dúas probas da Copa do Mundo. Enfrontará ao xenial estadounidense Brady Ellison que gañou a Ku Bonchan por 6-5.

Moi ben tamén estivo a actuación de Pifarre, que gañou na primeira eliminatoria ó canadiano Rivest-Bunster 7-1, logo ó bo holandés Van der Ven (6-4), e na terceira rolda ó venezolano Vasquez (6-2). Sucumbiu en oitavos co colombiano Daniel Pineda (3-7) concluindo nunha moi boa novena praza.

Fernández caeu ás primeiras de cambio 2-6 ante o canadiano Xuereb. Rodríguez quedou exento da primeira fase pero na segunda perdeu co venezolano Vasquez (3-7).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios