Miguel Alvariño, quinto posto no clasificatorio do equipo nacional para 2013

Esta pasada fin de semana celebrouse en Madrid o primeiro dos dous clasificatorios dos que sairán os arqueiros que finalmente loiten por estar no equipo nacional durante o 2013. O integrante do Clube Sílex, Miguel Alvariño, estivo alí competindo con outros 15 arqueiros máis convocados pola Federación Española.
O venres todos fixeron dúas rondas FITA, e sábado e domingo foron as xornadas de enfrontamentos directos todos contra todos. Tras todo isto Miguel Alvariño sitúase nunha moi boa 5ª posición. Todos terán que participar na fin de semana do 26 de outubro noutro clasificatorio que constará das mesmas probas. Coa suma dos puntos obtidos despois dos dóus clasificatorios, os seis arqueiros mellor clasificados serán os que pelexen polas tres prazas do equipo nacional de cara ao ano que ven.
Terá que seguir preparando ben ese clasificatorio de dentro de 2 semanas, para facer bos os puntos acadados neste que rematou, e así entrar dentro dos seis mellores.
silex.jpg


Nova cortesía Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios