Esta noite, a partir das 22:00, e con puntualidade británica, dará comezo unha nova edición do NABIZA ROCK, o espazo das festas adicado ás bandas da nosa vila. Este ano as formacións locais estarán apadriñadas pola banda madrileña de longo percorrido Burnin, pop-rock, lembramos, non apto para tódolos públicos.
Abrirán o concerto QUE CUNDA O PÁNICO, banda de recente formación que ofrecerá un proteico repertorio propio baseado no rock clásico (e algo máis). Haberá unha pequena sorpresa.
A continuación RAZE, unha banda que deixará unha fonda e contundente carga de Trash / Metal no escenario da Praza do Carme e, xusto antes de Burnin, poderemos escoitar o vigoroso rap de OGMIOS/R.A.P. DAS PONTES, un auténtico espectáculo para a vista e os oidos que convén non perderse. Estades avisados.
Despois da actuación de Burnin subirán ao escenario os JIN TONYS SON, que ofrecerán as súas potentes versións de clásicos (e non tan clásicos) do rock, do pop, do blues e do jazz.
A noite rematará cos grupos invitados PUNTA NORTE e SOULCHARMER.
Estades todos invitados. Agardámosvos.
Novas
- Conmemoración do discurso de Galo Salinas
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil no descenso internacional do Miño
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil
- Folixa Summer Camp 2025
- Dixitic’s
- 3ª Regata Circuito Deputación da Coruña e Travesía de Foz.
- Resultados do Grupo Xuvenil no campionato de España de xóvenes promesas
- Resultados Grupo Xuvenil
- ADRIÁN GREGORIO E ANTÓN DOPICO, NA CLASE VAURIEN, ACADAN O 2º POSTO NA COPA XUNTA DE GALICIA 2025
- Folixa summer Camp
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios