Nace mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre

A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Innovación e Industria , presenta hoxe ás 12:00, no Salón Pequeno (número 2) de San Caetano en Santiago de Compostela, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”. O acto estará presidido por Fernando Xavier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, que explicará as principais liñas de traballo da Consellería en materia de Software Libre. A continuación, a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez, presentará os principais datos do “Estudo sobre a implantación do Software Libre en Galiza ”.


Segundo a galipedia (a wikipedia en galego), Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns….
Neste sentido, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre” nace coa intención de ser un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade. Pretende, ademais, ser un espazo de traballo conxunto que integre e dinamice aos diferentes axentes que están a traballar neste eido en Galiza: empresas, universidades e centros de ensino, concellos, asociacións, etc. Esta iniciativa forma parte da campaña Máis Internet, máis galego, máis futuro que comezou, o pasado 2 de maio, a Consellería de Innovación e Industria.
Máis información en mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios