Amigus
As Pontes

Nace nas Pontes a entidade Hospital de San Xoán de Estudios Históricos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo diariodeferrol.com:
“A historia local, a dos concellos e lugares é a grande esquecida dos libros de texto e dos estudios, pero ese interese polo máis cercano tamén impulsa iniciativas que intentan rescata-lo pasado que escribiron os nosos devanceiros.
Esta é a intención da recén creada Asociación de Estudios Históricos Hospital de San Xoán, que xorde nas Pontes coa vocación de estudiar de forma científica a historia do municipio, sobre todo a través da documentación que está agachada por arquivos, igrexas, capelas e nos desváns de moitas familias.”…


…”Ata o momento, os traballos máis importantes foron realizados polo cronista da vila, Enrique Rivera Rouco, pero adolecían de escasa profundidade e rigor. Os textos de Rivera aproximaron a moitos ponteses á historia oral da vila, pero non chegan para estudiar máis fondamente a historia local.
Durante os últimos meses foise avanzando nesta idea, e xa se celebraron varias reunións co obxectivo de comezar a plasmala. O vindeiro sábado, 3 de abril, terá lugar unha nova xuntanza, á que están convocadas tódalas asociacións do municipio e veciños que polo seu traballo ou estudios teñan interese no tema.
Ese día ás 20.30 horas farase a presentación da nova entidade, que leva o nome dun emblemático hospital que existíu na vila deica o século XIX, e que atendía a pobres e peregrinos.
O obxectivo prioritario da asociación é crear un fondo histórico cos datos existentes sobre As Pontes, que se poidan recoller nos arquivos históricos de España, do Reino de Galicia, e tamén das familias particulares, arquivos relixiosos e municipais.
A documentación porase a disposición do público e estudiosos, como xeito de impulsar artigos e publicacións que permitan coñecer mellor o pasado do concello.
Está previsto que de toda a documentación se realicen tres copias, que estarán na biblioteca municipal, no museo etnográfico do colexio Monte Caxado e na propia asociación, que actualmente non ten lugar propio. Sen embargo, xa ten cauces de colaboración con outras entidades, como a Fundación Federico Maciñeira de Ortigueira, o grupo editor da revista Cátedra eumesa, e o Instituto de Estudios Viveirenses.
Este traballo de recopilación xa comenzou hai algúns meses, e permite comproba-la relevancia no concello de importantes familias nobiliarias, como os Lemos ou Montenegro, que era señores de boa parte destas terras.
O día 3 tamén se procederá á apertura da primeira exposición que organiza a nova entidade, baixo o epígrafe “Memoria Santa”, e que estará centrada na Semana Santa pontesa, a través dunha serie de pezas da liturxia que datan dende o século XVI ó XX.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios