80.000 máquinas atacan ó IRC Hispano para sacalo da rede
Lendo iblnews.com:
“Tras publicarse a nova na prensa de que un ‘hacker’ podería ser condeado a sete anos de cárcel por ataca-lo servicio de chat máis popular da rede en español, miles de máquias dende tódolos lugares do mundo iniciaron un ataque masivo contra os servidores do IRC Hispano.”…
…”O martes 23, na páxina web da asociación que xestiona este chat podía lerse que estaban sendo víctimas dun ataque masivo e que este levaba xa prolongándose dende facía varios días, levando a un ‘deterioro da calidade do servicio e impedindo que algúns usuarios poidan comunicarse con normalidade’.
A Asociación explica que ‘Estos grandes ataques, na súa maioría producidos por ordenadores que foron infectados con virus que permiten o seu control remoto, responden ó unísono ás ordes do delincuente informático, provocando unha saturación do ancho de banda dispoñible e inutilizando as redes e sistemas que atopan ó seu paso, isto, por suposto, conleva cuantiosas perdas económicas ós que queremos ofrecer unha rede libre e plural. Situacións parecidas conlevaron o peche doutras redes libres de chat’.
Entre as primeiras medidas que tomou a asociación figura restrinxi-lo tráfico que proceda dalgunhas zonas xeográficas concretas, coma América e parte de Asia. Unha decisión que pode causar molestias a algúns usuarios desos lugares pero que pretende protexer ós servidores de parte dos ataques que ven recibindo dende máquinas aloxadas nesos países.
Ademáis, os responsables da asociación trasladaron o tema ó ‘departamento de delitos informáticos da Garda Civil ó que se lle facilitaron tódalas probas recollidas ata hoxe e confiamos, que coma en anteriores ocasións, a xustiza se faiga cargo rapidamente destos delincuentes’, din nun comunicado.
Finalmente e segundo algúns rumores a Asociación estaría desenvolvendo un novo sistema de seguridade que a modo de paraugas protexería de forma máis eficaz ós usuarios e ós servidores que apoian o normal funcionamento dos chats.”
Fonte: iblnews.com