As Pontes no YouTube

Propóñovos navegar un pouco polo Río YouTube. Collede a vosa barquiña e remade un pouco conmigo; fareivos de guía turístico, cos debidos respetos ao gremio.
Hoxe en concreto navegaremos pola ribeira das Pontes, visitando interesantes paraxes da nosa vila. Só tedes que premer abaixo, onde pon seguir lendo, pra ir vendo paseniñamente conmigo algúns dos vídeos que os ponteses (ou non ponteses), colgamos na citada web.


Comezamos a viaxe subíndonos á lanchiña, tentando non caer de cheo á auga. Falando de cheo, tamén atopamos referencias pontesas a esta noble palabra no youtube.
Se xogamos coas letras e a cheo lle engadimos unha ch, sáenos Checho; e si Checho xoga coas letras e tamén coas cifras, sáenos este vídeo de Checho concursando en Cifras e Letras. Pero non vaiades a pensar que Checho é o único da vila que concursa, porque Xosé Cendán tamén fixo aparición na tele pra participar no concurso Alta Tensión(Cuatro), no que aproveitou pra facer referencias aos xa destruídos restos do Círculo Lítico da Mourela.
Seguramente vos lembraredes de Xose e aquela frase mítica de Isto é… unha cita, que pronunciaba tódolos días ao acabar o informativo de deportes da Tv6; unha tele local na que tódolos anos podemos ver a sesión vermouth da Festa da Fraga. A min particularmente gústanme os concertos de música do día 24 á noite. E é que esta Festa cada vez desfasa máis! Ninguén sabe onde pode acabar esta tolemia crecente.
E outro día, máis! Porque tampouco hai que ser pesados! 🙂

También podría gustarte
Comentarios