Nota de prensa BNG: A DEMANDA DA RESIDENCIA PÚBLICA DE MAIORES PARA AS PONTES NA XUNTA

O Grupo Municipal do BNG fixo entrega na Xunta das primeiras 1.200 sinaturas dirixidas á Consellaría de Política Social, na demanda dunha Residencia de Maiores.

As Pontes, 28 de marzo de 2019.- No día de hoxe, o Grupo Municipal do BNG fixo entrega na Xunta das primeiras 1.200 sinaturas dirixidas á Consellaría de Política Social, na demanda dunha Residencia de Maiores.

As 1.200 persoas asinantes reclaman no seu escrito a posta en funcionamento, con urxencia, de máis de 120 prazas, tanto para non dependentes como para dependentes, con prioridade no acceso para as veciñas e os veciños, a fin de manter ás persoas maiores no seu entorno vital, familiar e social, e cun prezo segundo a capacidade económica e con axudas públicas, para que calquera, con independencia dos seus ingresos, poda ter dereito a unha praza.

No escrito rexistrado en Santiago tamén se demanda unha situación céntrica, nomeadamente nas parcelas municipais do Canle IV, preto do Centro de Saúde, cunha xestión pública directa, con creación de emprego estable e de calidade.

A recollida de sinaturas mantense, coa colaboración do comercio local e mediante unha mesa itinerante que o sábado, 30 de marzo, estará situada nas proximidades do Mercado, dende as 10:30.

Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios