Nota de prensa BNG: Nova estrada de acceso

Información que ten o BNG, sobre a construción da nova estrada de acceso a As Pontes

Pola información que ten o BNG, sobre a construción da nova estrada de acceso a As Pontes, por mor das obras de reforma da Central Térmica, existe a previsión de cortar total e definitivamente a actual estrada que pasa a pé da Central en febreiro de 2018, mentres que a apertura do novo acceso non sería até finais do ano 2019.

Dende o BNG sempre defendemos a necesidade de adaptar a C. Térmica á Directiva Europea de Emisións Industriais, pois de non facelo sería entrar en fase de peche, sen alternativa algunha, coas duras consecuencias económicas para todo o noso pobo -lembrar que os ingresos económicos do Concello dependen nun 60% desta empresa-.

Porén, cremos que o tempo de peche da estrada é excesivo e deberíanse buscar alternativas para facilitar os accesos e saídas das Pontes sen que teña efectos negativos no tráfico interior do pobo nin tampouco na economía dalgún barrio.

También podría gustarte
Comentarios