Nota de prensa de XPAP: O PP eliminará a liña de bacharelato do IES Castro da Uz

O pasado venres día 21 de abril o grupo parlamentario de En Marea presentou na Comisión de Educación e Cultura unha proposición non de lei pedindo o mantemento da liña de bacharelato no IES Castro da Uz.

O pasado venres día 21 de abril o grupo parlamentario de En Marea presentou na Comisión de Educación e Cultura unha proposición non de lei pedindo o mantemento da liña de bacharelato no IES Castro da Uz.

A PNL, que contou co apoio do BNG e máis do PSOE, desestimouse pola acción da maioría absoluta do PP no Parlamento Galego.

Como consecuencia, o PP de Galicia a través da Consellería de Educación, pechará a liña de bacharelato no IES Castro da Uz pasándoa ao Moncho Valcarce.

Texto presentado:

Luca Chao e Ánxeles Cuña, deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte PREGUNTA, para a súa resposta oral en Comisión, sobre a supresión dunha liña de bacharelato no Castro da Uz en As Pontes.

O menoscabo dos servizos públicos, baleirando as pequenas vilas das dotacións esenciais, incrementando a fenda entre clases sociais e entre os territorios, lonxe de paralizarse sigue aumentando.

No que atinxe á educación, as comarcas do norte do país están a vivir nestes últimos tempos unha situación de desmantelamento alarmante e de perda da calidade educativa, froito dos recortes que proveñen tanto da Xunta de Galicia coma do Goberno do Estado.

No caso das Pontes, a Xunta de Galicia vén de anunciar que pretende suprimir a liña de bacharelato de Ciencias, Humanidades e Tecnolóxica no IES Castro da Uz, trasladándoa para o Moncho Valcarce, o que a longo prazo implicará o peche do primeiro e a masificación das aulas no segundo.

A comunicación polo servizo de inspección da Xunta de Galicia ao centro de que se procedía á supresión da liña de bacharelato e que se trasladaba ao Moncho produciuse o día 1 de febreiro. Casualmente o mesmo día no que comezaba o prazo de prematrícula. Polo tanto, non se puido abrir o prazo de prematrícula e non se sabe que cantidade de alumnado está interesado en cursar os seus estudios no Castro da Uz no ano 2017-2018.

Un recorte que pretenden xustificar  na diminución de alumnado pero que non ten en conta a necesaria análise da situación a longo prazo que, de acordo coa evolución demográfica da comarca pasará por un incremento do número de alumnos e alumnas nos vindeiros anos, o que producirá ineludiblemente unha situación de masificación nos centros.  Con este peche tampouco se están prevendo os posibles casos de diversidade funcional que poidan existir nin tampouco daqueles que precisen reforzos educativos, alumnos e alumnas que precisarán de atención especializada e de aulas específicas que a todas luces será imposible de ofrecerlles.

No mesmo sentido, o goberno non está atendendo a situación do profesorado dos centros que no caso de As Pontes quedan sen cubrir prazas definitivas de xubilacións e traslados.

A estes recortes hai que sumar a ausencia total de interlocución por parte da Xunta de Galicia, que opta por decisións tomadas de xeito unilateral e adoptadas sen consulta nin información previa aos afectados, moi especialmente profesorado, alumnado e familias.

Todo isto redunda na perda de calidade educativa para o alumnado, con aulas masificadas, sen atención especializada nin con garantía de que a ensinanza sexa a cargo de profesorado formado para cada materia.

Ante esta situación o grupo parlamentar de En Marea presenta a seguinte pregunta:

Ten analizado o goberno galego os incrementos de alumnado previstos para os próximos cursos?

Vai insistir o goberno galego no peche desta liña de Bacharelato en contra do criterio de toda a comunidade educativa?

Teñen algún plan para frear a perda de servizos educativos na comarca?

As Pontes, 25 de abril de 2017

También podría gustarte
Comentarios