Nota de prensa Xunt@s por As Pontes: CAMPAÑA DE AXUDA ÁS PERSOAS REFUXIADAS

Xunt@s por As Pontes súmase á campaña de axuda ás persoas refuxiadas, que se está levando a cabo por iniciativa da ONG Alhambra-Internacional e que, para as tres comarcas do Norte da Coruña (Eume, Ferrolterra e Ortegal), están coordinando e xestionando o Parque de Bombeiros e o Concello de Ferrol.

Xunt@s por As Pontes súmase á campaña de axuda ás persoas refuxiadas, que se está levando a cabo por iniciativa da ONG Alhambra-Internacional e que, para as tres comarcas do Norte da Coruña (Eume, Ferrolterra e Ortegal), están coordinando e xestionando o Parque de Bombeiros e o Concello de Ferrol.

A ONG Alhambra-Internacional ten un contenedor alugado no Porto de Vigo, de onde partirá a finais de abril para Idomeni con tódolos materiais aportados polas galegas e galegos. A ONG encargarase tamén de vixiar todo o proceso, de que a mercancía chega aos campos das refuxiadas e de que se reparta axeitadamente. O transporte dende Ferrol ata Vigo realizaráo de forma altruista a empresa de mensaxería SEUR.

Todas sabemos das terribles e lamentables condicións nas que se atopan miles de refuxiadas. O que máis precisan nestes momentos, segundo nos informan do Parque de Bombeiros de Ferrol, son:

– Alimentos: conservas ou enlatados, que NON sexan carne de porco; alimentación infantil (potitos, leite en po, etc.)
– Hixiene Persoal: xabón lagarto, champú antipiollos, xel, cepillos e pasta de dentes, coitelas e cremas de afeitar, cueiros, compresas, toallas, papel hixiénico,…
– Parafarmacia: vendas e gasas, esparadrapo, tiritas, chupetes, alcohol, auga osixenada, betadine, cristalmina, …
– Mantas, sacos de durmir, tendas de campaña.

Queremos facer un chamamento a tódolos establecementos, organizacións e asociacións da vila para que se sumen e colaboren activamente nesta campaña, participando coma PUNTOS DE RECOLLIDA. E a tódolos veciños e veciñas para que colaboren e se solidaricen, aportando o que poidan e participando coma voluntarios.

A data límite de recollida aquí nas Pontes queda prevista para o 10 de abril, aínda que en función do volume da mercancía pode ser que se peche uns días antes.

Agardando que se sumen moitos outros puntos, ata o momento os materiais pódense depositar en:

– Local Xunt@s por As Pontes. Avda. A Coruña, Nº 13 – Baixo (fronte a biblioteca), de 11 a 1 do mediodía ou de 5 a 7 da tarde.
– Floristería Ledicia. Rúa Fene, Nº 21 – Baixo. Horario comercial.
– Candelaría. Avenida das Veigas, 54. Horario comercial.
– Parafarmacia Saúde. Avenida da Habana, 18. Horario comercial.

Para máis información, podedes chamar ao número de teléfono 678 301 954 (Alberto), ou enviar un correo ao enderezo xuntosporaspontes@gmail.com.
Actualizaremos a nosa web e redes sociais cos establecementos e entidades que se vaian sumando.

As Pontes, 28 de marzo de 2016
Xunt@s por As Pontes

También podría gustarte
Comentarios