Amigus
As Pontes

Nota de prensa XPAP: O alcalde, en contra de conceder axudas á calefacción

No pleno ordinario de xaneiro, Xuntas por as Pontes presentou unha moción na que se propoñía a concesión de axudas á instalación de calefacción e ao illamento térmico nas viviendas de As Pontes.

Con esta axuda, que debe ser compatible coas doutros organismos públicos, queremos que ningún veciño nin veciña pase frío na súa casa no inverno. Moitas familias, con rentas moi baixas, non poden instalar un sistema de calefacción no seu fogar debido ao seu elevado custe, polo que acaban utilizando estufas que consumen moito ou son perigosas. Ademáis, a maoiría das vivendas non están illadas térmicamente. 

Coa moción popoñíamos que previamente se realizase un estudo da situación dos fogares ponteses, que se averiguase cántos non dispoñen de calefacción e os motivos. Dacordo cos datos contidos nas estadísticas oficiais, son máis da metade as vivendas que non dispoñen de calefacción na nosa localidade. 

Ademais, tamén propoñiamos un estudo sobre a capacidade económica do concello para asumir a concesión das axudas, que segundo o noso criterio, deberían priorizar a aquelas familias con maoires dificultades económicas. 

A moción contou co apoio do BNG, a abstención do PP (sen argumentos) e o rexeitamento do PSOE local, incluído o voto en contra do Alcalde presente na votación. 

Dende Xunt@s por As Pontes valoramos negativamente a decisión do Alcalde e Presidente da Deputación da Coruña e consideramos que é un paso atrais na consecución de dereitos sociais para a veciñanza. Ningunha persoa debería pasar frío no inverno na súa casa por non dispoñer de medios económicos para instalar a calefacción. 

As Pontes, 26 de xaneiro de 2019 

Máis información en xuntosporaspontes.com 

También podría gustarte
Comentarios