Amigus
As Pontes

Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes organiza unha visita ao Parlamento Galego

Xunt@s por As Pontes convida ás veciñas e veciños de As Pontes a visitar o Parlamento de Galicia o vindeiro luns día 15 de xaneiro.

A plataforma Xunt@s por As Pontes organiza unha visita ao Parlamento de Galicia aberta a todas as veciñas e veciños.

Nas eleccións diciamos que tomabamos as institucións para a xente; é momento de que a xente entre na institución e a coñeza.

A visita será o vindeiro luns día 15 de xaneiro, ás 16:30 h. A saída de As Pontes está prevista para as 14:30h, diante da Biblioteca Municipal.

As prazas son limitadas, polo que cómpre anotarse enviando o nome, apelidos e dni ao enderezo electrónico xuntosporaspontes@gmail.com antes do xoves 11 de xaneiro.

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios