Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes mostra o rexeitamento ó peche de endexa e á xestión da crise.

Ante a problemática do peche da central, a nosa enérxica crítica ó PP e ó PSOE pola venta e privatización dunha empresa estratéxica de alta rendibilidade para o Estado como era ENDESA.

O impacto económico do peche levará a nosa vila a un nivel de desemprego sen precedentes, que traducirase unha fuga masiva de poboación. ENEL-Endesa non tivo en ningún momento intención de preocuparse polo futuro da vila, as grandes empresas só están interesadas en manter un alto marxe de beneficios. Pero as responsabilidades son múltiples, os acordos que marcan a redución do consumo de carbón son coñecidos dende o 2010. O goberno municipal do PSOE e anteriormente o do BNG, tiñan que haber posto en marcha un plan de diversificación de empresas en As Pontes, mantendo unha carga de traballo estable non dependente de Endesa. 

Dende Xuntas Por As Pontes – En Común seguimos e seguiremos apoiando tódalas mobilizacións para presionar ó goberno do estado, e facelo ceder ante a necesidade de xestionar alternativas a este grave problema ocasiona nas Pontes e comarca.

También podría gustarte
Comentarios