Nota Informativa Auxiliares Endesa – As Pontes
Unha representación da Coordinadora de Auxiliares de Endesa-As Pontes mantivo hoxe unha reunión co Comité de Empresa de Endesa e, posteriormente, outra reunión no Concello de As Pontes.
Reunión co Comité de Empresa de Endesa
O Comité de Empresa non considera que a situación sexa extremadamente preocupante, pola información que nos trasladan vaise probar a queimar lodos e cren que isto pode darlle horas de funcionamento á Central; por outra parte, tampouco consideran que a formación para persoal interno anunciada por Endesa lle afecte ao traballo das Compañías Auxiliares.
Reunión no Concello
Por parte do Concello estiveron representados todos os Grupos Municipais, neste caso a visión é moito máis pesimista que a do Comité de Empresa, na súa opinión o tema da mestura do carbón con outros materiais, de ser viable técnica e administrativamente, tampouco vai ser unha solución a curto prazo e, polas conversas que tiveron coa Dirección de Endesa, o futuro das auxiliares é moi complicado, pois a empresa di que se non ten traballo para o seu persoal propio máis difícil o vai ter para as auxiliares.
Ademais o Concello ten solicitada unha reunión á Xunta e ofrece a participación dunha representación das Auxiliares nesa reunión.
Por último, quedou en estudar a posibilidade de crear unha Comisión Político-Sindical, que represente ao conxunto do pobo nesta crise.
Reunión con Endesa
Recibimos contestación da Dirección de Endesa, a nosa petición dunha reunión, e imos manter esa reunión o vindeiro martes, día 30, ás 12 h. na oficinas da Central Térmica.
As Pontes, 23 de xullo de 2019