A petición de Compromiso por Galicia o Concello das Pontes suspendeu o pleno ordinario en apoio á folga que a comunidade educativa está levando a cabo na xornada hoxe contra a LOMCE. A proposta contou cós votos favorables de CxG, PSOE e do PP, votando o BNG en contra
Para a Concelleira de Compromiso Jéssica Fernández Polo “Aqueles que representamos á cidadanía temos que posicionarmos claramente, esta lei non afecta só ao ensino, afecta a toda unha xeración de galegos e galegas que sufrirán las consecuencias, polo tanto sendo os Concellos a administración máis proxima á cidadanía, debemos mostrar o noso apoio ás nais e pais, alumnado e profesorado nas súas xustas reividicacións”
Destacou asi mesmo que “A Lomce supón unha contrareforma educativa, favorecerá a educación segregada, clasista, recentralizadora, traerá desigualdade social e de oportunidades”
Para CxG as medidas propostas polo ministro Wert ademais de supoñer o regreso a un sistema educativo doutro tempo, supón unha clara estratexia ideolóxica, favorece a xestión privada dos centros e limita as funcións dos Consellos Escolares. Resulta inaceptable que dende o goberno recortense competencias ás comunidades autónomas e culpabilícese ao alumnado da crise económica, tal e como acontece tamén có decreto dos comedores e que xa dende CxG vimos denunciando.
Novas
- Curso de iniciación a Canva
- Resultados Grupo Xuvenil As Pontes na III Copa Galega Infantil K1/C1
- Resultados fin de semana 7 e 8 de xunio
- Lista de inscritos VI Slalom Vila de As Pontes
- II carreira green power Iberia
- I Copa de España de Barco Dragon 200-500m.
- Resultados Campionato Galego Barco dragón
- Segunda Regata Copa Galega Infantís
- Día das letras galegas
- Obradoiro de deseño e posicionamento de currículum
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios