Amigus
As Pontes

Nota de prensa do BNG: O BNG VISITA OS VERQUIDOS DA EMPRESA XILOGA NO CONCELLO DE AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A deputada nacionalista, Ana Ponton Mondelo visita as zonas afectadas polos residuos verquidos nos montes do Concello de As Somozas
Ferrol, 31 de maio de 2013.- A deputado do BNG no parlamento Galego e responsábel de Medio ambiente, Ana Pontón, visitou no día de hoxe o término municipal de As Somozas para poder ver in situ a desfeita que se está a producir nos montes do Concello.
Responsábeis da Organización acompañados por veciños da zona, puideron comprobar como se están a depositar os residuos en praderíos, fontes e pozos; sen que o Concello diga absolutamente nada ao respecto; mesmo mantendo unha actitude completamente cómplice. A deputada nacionalista denunciou o perigo que supón para a saúde pública ademáis de levarse a cabo dunha maneira totalmente ilegal; xa que se está a facer a monte aberto, cousa totalmente proibida.
Así tamén a responsábel da área de Medio Ambiente do BNG no Parlamento galego viu como se está procedendo a destrucción do patrimonio, chegando a cubrir cos residuos mámoas e castros.
Tras rematar a visita polas zonas afectas, a deputada nacionalista, coa responsábel portavoz comarcal Mercedes Tobío e a candidata no Concello das Somozas polo BNG Adela Bouza Pena presentaron un escrito nas oficinas do rexistro do Concello de As Somozas solicitanto a súa intervención e que se proceda o máis axiña posíbel a por solución dado o risco e perigo que estas accións conlevan.


somozas.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios