Nota de prensa do BNG: O BNG DENUNCIA A PARALIZACIÓN E AS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE DA ESTRADA PROVINCIAL 1802, NO TREITO RIBADEUME-A FAEIRA

As obras de ampliación e mellora adxudicáronse en outubro de 2011, cun prazo de execución de 7 meses.
As Pontes, 15 de xuño de 2013.- Atendendo ás reclamacións veciñais, o grupo Muncipal do BNG ven de rexistrar unha solicitude no Concello na que denuncia a paralización inxustificada, a demora acumulada e a situación de inseguridade nas obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP-1802.
A redacción do proxecto foi contratado pola Deputación en agosto de 2008, mais non foi até outubro de 2011 cando a entidade provincial adxudicou á empresa Extraco por 314.491,20€ e 7 meses de execución.
A primeira demora, de varios meses, foi motivada polas obras previas que tivo que realizar o Concello para a retirada de tubaxes de subministro de auga, servizos afectados que non estaban contemplados no proxecto.
A finais de 2012 as obras paralizáronse durante meses, o que provocou unha pregunta do BNG na Deputación; a desculpa entón foron as “adversas condiciones metereológicas”, mais tamén a necesidade dun modificado do proxecto por defectos nas medicións, documento que foi aprobado, coa conformidade do contratista, en febreiro de 2013, cun incremento de 31.378,94€ e unha ampliación de prazos de execución en 4 meses.
A inactividade nas obras ven de acumular case que un ano, o que representa un evidente perigo para a circulación polos desniveis existentes e pola diminución do ancho da estrada dispoñíbel.
Diante de tanta chapuza e despropósito, o BNG solicita a intervención do Alcalde para celebrar unha reunión co Presidente da Deputación, á que asistan as entidades veciñais, e na que se exixa o inminente reinicio e remate das obras.
faeira.gif

También podría gustarte
Comentarios