Entre as afortunadas pola readmisión, 2 candidatas nas municipais, unha do PP e outra do PSOE.
As Pontes, 23 de agosto de 2013.- Nin os informes técnicos nin as advertencias do BNG foron quen de corrixir o proceder do PSOE nas contratacións laborais; non parecía lóxico, e, xa se sabe, onde non está a lóxica entra a intencionalidade. E así foi.
Durante o primeiro mandato do PSOE co apoio do PP fixéronse novas contratacións de persoal, entre elas a dunha administrativa ocupada por unha candidata do PP- e a dunha axente de emprego e desenvolvemento local ocupada por unha candidata do PSOE en 2011-. Os contratos prorrogáronse durante catro anos, contra dos informes dos técnicos de persoal, da Secretaría e da Intervención, que advertían da súa ilegalidade.
En varios plenos e comisións o BNG preguntou reiteradamente polas contratacións, e obtivo respostas de todo tipo: dende o silencio da Concelleira de Persoal en marzo de 2012, pasando pola a súa afirmación, un mes despois, de que … en ningún momento se actuaría en contra do que dispoña a lei … os informes técnicos non existen materialmente pero implicitamente estase aplicando a normativa …, en evidente contradición coa Concelleira de Industria cando, en xaneiro deste ano, dicía … que non se pode prorrogar ese contrato porque estariamos incorrendo nunha ilegalidade … (despois de tres prórrogas¡¡¡), ou co seu compañeiro de Facenda, que, en abril de 2012, tamén afirmaba que … hai informes que non constan no expediente … que pedimos nós para ver cales son as consecuencias legais … se ti tes un informe que manifesta dúbidas sobre a viabilidade de facer un determinado acto, pódeste cubrir pedindo outra serie de informes que ao mellor opinen de xeito distinto … (feitos por un xastre, é dicer, á medida).
A parcialidade e a intencionalidade políticas das decisións son evidentes: readmiten a quen tiña unha antigüidade duns 4 anos e despiden ao de máis de 15 anos de servizo no Concello, escollen non pagar indennizacións duns 9500Є e readmitir porén pagan máis de 21.000Є e despiden; por certo, o PSOE desfaise de quen estaba a traballar nunha praza que o proprio PSOE decidía incluíla na oferta pública de emprego para consolidar, desenvolvendo unha actividade da que hoxe o PSOE ten incrementado a súa oferta, mais que se fai contratando a unha empresa por case que o dobre de cartos.
Unha cacicada e un antollo que pagaremos entre todos, e que entre indennizacións e salarios de tramitación (as mensualidades que non traballaron) supoñen máis de 50.000Є. E quen é o responsábel?.
Novas
- Quedada lanera de Puntadas con agarimo
- II MASTER VILA DE AS PONTES
- Curso Asociacionismo desde o bo trato e a igualdade
- Resultados Nautico Folixa I Cidade da Coruña de Dragon Boat
- Resultados do clube Náutico Folixa co barco dragón
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil no campionato Galego k2 prebenxamín, benxamín e alevín.
- Resultados do clube Grupo Xuvenil de piragüismo
- PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NA COPA DE ESPAÑA 2024 DA CLASE VAURIEN
- Campionato de España de Barco Dragón
- RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA 4ª REGATA DO III CIRCUITO PROVINCIAL DIPUTACIÓN DE A CORUÑA
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
Seguinte
También podría gustarte
Comentarios