Amigus
As Pontes

Nota de prensa do BNG: O BNG DENUNCIA A PASIVIDADE E A AUSENCIA DE RESPOSTA DO PSOE ÁS DEMANDAS DIARIAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As Pontes, 01 de febreiro de 2014.- Museo da Minería, Centro de Ocio, circuíto de karts, lago, reforma da Praza do Hospital, … proxectos de miles de euros, mais quen fai o rebacheo?, quen desbroza?, quen atende as pistas no rural?.
Ademáis do desemprego e da perda de poboación -problemas prioritarios- os ponteses necesitan, tamén, solucións a outros máis simples e cotiáns, que, segundo afirman, non parecen merecedores da atención do goberno municipal, a pesar das reiteradas solicitudes veciñais, moitas delas dende fai meses.
Rúas do centro e pistas do rural en mal estado, e toxos e silveiras preto das vivendas son evidencias do abandono dun goberno municipal ausente da atención diaria aos veciños e veciñas.
É imposíbel comprender polos ponteses como 12 concelleiros, 3 con dedicacións exclusivas, e persoal de confianza contratado a dedo, con máis de 4MЄ á súa disposición, non sexan quen de amañar uns simples furanchos, limpar parcelas e facer transitábeis as pistas do rural, como a de Tras da Serra, que, logo de meses e anuncios de reparación, continúa nun estado moi deficiente.
Dende o BNG exiximos aos concelleiros do PSOE que se preocupen e ocupen dos problemas diarios dos veciños e veciñas, atendidos tan só de xeito parcial e partidista, individual e caciquil, cun interés electoral; que cumpran coas súas obrigas e responsabilidades, para o que foron elixidos e polo que, nalgúns casos, cobran, ou que dimitan. O futuro, a supervivencia das Pontes, non é un xogo.
Asemblea Local do BNG das Pontes
a-cuina2-feb14.jpg


avda-vilalba-feb-14.jpg
a-fraga-feb14.jpg
ies1-feb14.jpg
ies2-feb14.jpg
rego-do-campo-feb14.jpg
rua-fene1-feb14.jpg
rua-fene3-feb14.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios