NOTA DE PRENSA CxG: ALGUNHAS RESPOSTAS SOBRE O LAGO

O pasado martes 20 de maio podíamos ler na Voz de Galicia unha nova sobre o Lago das Pontes no que se recollían unhas declaracións do Alcade que merecen, cando menos, dalgunha puntualización. Dicía Valentín González Formoso:
• “Hay que esclarecer cuanto antes las titularidades y también las competencias. Es un embalse más, porque de mina ya no tiene absolutamente nada, y ya está acreditado que la calidad del agua es excepcional”
• “Lo que está más avanzado es el convenio entre Endesa y el Concello para la cesión de la playa, de 30.000 metros cuadrados de superficie, y sus accesos, pendiente de los últimos flecos”
• “El alcalde abogó por la constitución de un ente, como una fundación, para gestionar conjuntamente tanto el lago como la escombrera, con el fin de potenciar sus usos. Propone un organismo en el que estén presentes Endesa, la Xunta y el Concello”
Fai xa moitos anos que dende diversas organizacións e colectivos se facía fincapé na importancia de delimitar a titularidade do Lago e a necesidade de crear algún tipo de fundación, da que formasen parte varios organismos, que o xestionase.
Noutros espazos europeos similares, tomaron a opción de crear unha Fundación, pero fixérono incluso antes de que o oco mineiro se empezase a encher de auga. A ninguén se lle pode escapar que un proxecto deste calado precisa de planificación previa na que se contemplen cuestións técnicas, medioambientais e económicas que o fagan viable.
Aquí, o que fixo o PSOE foi xogar ás medidas “de galería”. Creou o Consello Consultivo do Lago a finais de 2012. Este ente tivo dúas reunións dende ese momento e non se coñecen as súas aportacións
Tamén existe unha “Comisión informativa especial de Análise para o desenvolvemento do lago das Pontes” na que están integrados todos os grupos políticos do Concello e que só se reuniu unha vez despois de ser solicitado en diversas ocasións, tanto de modo oral como por escrito.
Na información que se traslada na prensa enténdese que a Praia do Lago non está cedida por ENDESA ao Concello pero todos e todas lembramos a inauguración que se fixo en agosto de 2012. Este tema é moi preocupante, dado que se está a realizar un uso continuado da praia e se están a gastar cartos nese espazo.
Para finalizar, cabe salientar un aspecto do que pouco se está a falar, a elaboración por parte da Xunta dun plan territorial integrado da bacía hidrográfica do Eume, que recolle dentro dos seus oxectivos “Realizarase un estudo en especial da incidencia do lago na zonificación e usos do solo” e que a día de hoxe descoñecemos o alcance que terá.
Dende Compromiso por Galicia As Pontes só desexamos que o potencial do Lago non sexa desaproveitado e que se planifiquen dun modo sostible todas as actuacións a levar a cabo. Do mesmo modo consideramos esencial a participación cidadá real.


As Pontes 24 de maio de 2014
Agrupación Local Compromiso por Galicia As Pontes

También podría gustarte
Comentarios