Amigus
As Pontes

Nota de prensa da CIG: A Asemblea da Unión Local da CIG As Pontes reelixiu a Alberte Amado como Secretario Local

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O pasado venres 6 de xuño elexiuse a nova Executiva da Unión Local da CIG – As Pontes. As únicas candidaturas presentadas a Secretario da Unión Local e a Executiva Local forona elexidas por unanimidade.
Salindo reelexido Alberte Amado Tallón como Secretario da Unión Local e como membros da executiva: Alberte Amado Tallón, Ana Guerreiro Blanco, Xosé Manuel Meizoso Vilasuso, Antonio Teruel Fresco, Miguel Timiraos Martínez, Pedro Grueiro Lamas e Oscar García Maseda.
Durante a asemblea analizouse a situaión laboral da localidade de As Pontes, recordandose os conflictos que existiron durante os últimos catro anos, onde un gran número de empresas pecharon como foi o caso do Grupo San Martín, CT-Rad, Formoso Estructuras Metálicas, Daorje, Construciones Cuiña….., valorandose que a situación do demprego na localidade é un grave problema, a pesares dunha grande perda de poboación, hai o redor duns 1000 desempregados/as de xeito permanete. A solución desta solución é ainda máis dificil de resolver cando nas Pontes, a pesares dos múltiples anuncios publicitarios do Concello, non existe apenas chan industrial.
Por iso, a Asemblea Local aprobou a seguinte RESOLUCIÓN: “ demandar do Concello unha actuación permanente e urxente para esixír a Endesa a realización dos investimentos necesaros para adaptarse á Directiva de Emisións Industriais”.
A Asemblea Local consider que hoxe esta é a única alternativareal de xeración de emprego a curto prazo, ademáis de garantir a viabilidade da central térmica os próximos vinte anos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios