Nota de prensa BNG: PARÁLISE POLÍTICA NO CONCELLO DAS PONTES.

O marco legal actual, estatal e autonómico, no ámbito da administración local, contempla que os grupos políticos na oposición sexan quen de solicitaren a celebración de plenos, que deberán de convocarse nun prazo estabelecido tamén legalmente.
O BNG ven de exercer o seu dereito por segunda vez na presente lexislatura. No mes de novembro solicitaba ao Alcalde a celebración dun pleno monográfico para debater sobre da proposta nacionalista de medidas municipais, extraordinarias e urxentes, diante da crise. A convocatoria fíxose polos técnicos do Concello xa que o Alcalde deixou pasar o prazo legal.
Non se trata dun feito puntual, dun “despiste de novato”. O BNG rexistraba outra solicitude para acordar a adhesión do Concello ao manifesto Galiza ten dereito, como expresión de apoio á nova lei de Caixas. O prazo rematou o sábado, sendo, outra vez, os técnicos os que deberán asumir a responsabilidade do Alcalde e convocar o pleno para o vindeiro 11 de marzo, ás 12 horas.
O desleixo e a pasividade do Alcalde socialista pontés provocaron a aplicación extrema das obrigas legais, por segunda vez, en dous temas de fulcral importancia e moi relacionados: a crise e o sistema financeiro galego, o problema e parte necesaria –non suficiente- da solución.
As Pontes, 27 de febreiro de 2010.
Asemblea Local do BNG

También podría gustarte
Comentarios