Nota de Prensa BNG: O PSOE E O PP IMPIDEN A APROBACIÓN DAS OBRAS SOLICITADAS POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS

No Pleno do xoves, 4 de setembro, o BNG presentou dúas mocións para incluír obras nos Plans de Cooperación e de Mellora da Calidade Turística da Deputación, nos que As Pontes recibirá mais de 1’2 M€. O Grupo Político Municipal do BNG fixera reunións previas cos representantes das Asociacións Veciñais para recibir as súas demandas, e contempladas, na súa totalidade, nas propostas, co seguinte resultado:
– cambio de tubaxes na Casilla e no Chamoselo;
– abastecemento de auga no Deveso;
– remate aglomerado pista Esfarrapa-LMT Somozas;
– beirarrúas en Espiñaredo;
– abastecemento de auga no Chao e no Torrillón no Freixo;
– 2º fase saneamento en Goente;
– remate saneamento en Ribadeume;
– rehabilitación do muíño de Sexe e área recreativa na presa da Viga;
– acondicionamento da casa dos peóns camiñeiros para local social da AAVV Aparral;
– roteiros de sendeirismo ás fervenzas e área recreativa na cola do encoro da Ribeira en Somede;
– área recreativa no Porto dos Frades;
– zona de ocio no Rego dos Bácaros;
– entrada ao campo de fútbol de Saa;
– actuación na fonte das Boliqueiras e no seu entorno;
– continuación co Parque Temático da Enerxía (sinalización e roteiros);
– execución da parte expositiva interior da Central de Prieto (muíño e central).


As propostas veciñais foron rexeitadas polo Grupo Mixto (PP, quen argumentou que non tivera tempo de estudialas) e polo Alcalde e o grupo socialista, que, como ven sendo habitual, trasladaron a decisión a unha Comisión que se convocaría, “case con toda seguridade, na semana próxima”.
Para o BNG estamos diante doutra mentira ou doutra irresponsabilidade do goberno municipal, xa que as actuacións que se inclúan nos citados plans provinciais deben aprobarse en Pleno antes do día 30 deste mes, contando xa cos seus proxectos, documentos que non se fan en vinte días.

También podría gustarte
Comentarios