Nota de Prensa BNG: O BNG DEMANDA O SERVIZO DE SOCORRISMO NO ENCORO DA RIBEIRA
No Pleno Ordinario de abril, o BNG preguntaba ao goberno do PSOE sobre do servizo de salvamento no encoro, instalacións que coa chegada do bo tempo reciben moita xente, na súa maioría xuventude. Segundo a resposta do PSOE, todo estaba pendente de subvencións.
Xa no mes de maio, o BNG insistía sobre do asunto e facía unha proposta concreta: o Concello debera negociar e asinar un convenio específico co Grupo Xuvenil de Piragüismo para a vixilanza e socorrismo, xa que a veterana e experimentada entidade é a mellor coñecedora do entorno, ademais de asidua usuaria.
A vantaxe fundamental da proposta do BNG era a temporalidade: namentres que as subvencións da Xunta só permitirían dispor do servizo dende o mes de xullo no caso de concesión da axuda-, o Grupo Xuvenil podería facerse cargo dende abril.
O BNG é sabedor do interese, receptividade e boa disposición do Grupo Xuvenil. A que espera o Concello?.
Asemblea Local do BNG
As Pontes, 25 de xuño de 2010