Nota de prensa BNG: UNHA PARCELA PRÓXIMA Á ESCOLA INFANTIL EN CONDICIÓNS PERIGOSAS

O estado de abandono causa intranquilidade entre os residentes do Poboado das Veigas.
As Pontes, 19 de agosto de 2010.- O BNG ven de solicitar ao Concello que, no cumprimento das súas obrigas, adopte as medidas oportunas para solucionar a problemática xurdida polo estado de abandono dunha parcela con vivenda no Poboado das Veigas.
veigas.jpg


A parcela e parte dun grupo de vivendas ancoradas, o que ocasiona a lóxica alarma dos veciños e veciñas polas consecuencias negativas que se poidan derivar, quer de seguridade polo perigo de lume, quer de sanidade e salubridade, que se incrementan máis pola súa proximidade á Escola Infantil Municipal “Barosa”, con actividade nestas datas.
O descontrol e a permisividade facilitan a aparición de situacións como a denunciada nunha zona que pertence ao patrimonio industrial das Pontes, e que foi referenciada e estudada en congresos de urbanismo a nível europeo.
O Concello e Endesa, como propietaria, iniciaran na anterior lexislatura as conversas para o tratamento urbanístico que permitira a venda das vivendas, nas condicións acordadas coa representación social. En 2007 Endesa debería facer correccións no documento de parcelación presentado, referidas á dotación de servizos (saneamento, auga, electricidade, beirarrúas, estradas, …) e á propia definición das parcelas, modificacións que foran analizadas nunha reunión coa Asociación de Veciños do entón goberno municipal do BNG; tamén estaban pendentes de concretar as cesións que debería facer a propietaria ao Concello e as súas condicións.
O BNG non ten información sobre do estado actual das conversas.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios