Nota de Prensa BNG: INDUSTRIA INFORMA, EN RESPOSTA AO BNG, QUE ADIANTARÁ ESTE ANO CON FONDOS PROPIOS MÁIS DE UN MILLÓN DE EUROS DOS COMPROMETIDOS POLO ESTADO NO PLAN MINER PARA AS PONTES

O deputado Fernando Blanco denuncia no Parlamento que o Ministerio de Industria segue sen pagar nin un céntimo dos 14,9 ME comprometidos para infraestruturas
na comarca pontesa
Santiago de Compostela, 26 Setembro 08.- O deputado do BNG Fernando Blanco Parga vén de formular na Comisión de Industria do Parlamento unha pergunta oral sobre os 14,9 ME que lle corresponden á comarca das Pontes como pagamento das infraestruturas contempladas dentro do Plan Miner II para os anos 2006-7.


O deputado nacionalista lembrou que o pleno do Parlamento ten aprobado unha proposición non de lei, defendida polo BNG, na que se demandaba que o Ministerio de Industria presentase de xeito inmediato os convenios necesarios para os convenios de colaboración específicos necesarios para levar adiante estas infraestruturas.
Entre as actuacións contempladas atópanse a execución da estrada Ferrol-Vilalba no treito de Cabreiros-Vilalba e once actuacións que asceden a 14,9 millóns de euros.
No referido ás obras da autovía, o director xeral de Industria, Anxo Calvo indicou que se ten asinado en decembro de 2007 un convenio de colaboracion específico entre o Instituto da Minaría e do Carbón, a Consellaría de Política Territorial, e a de Innovación e Industria para a execución do treito Cabreiros-Vilalba por un importe de 12,9 ME.
Nese mes, tal e como indicou o director xeral, remitíuse a documentación de adxudicación da obra para que pagasen a anualidade de 2007 (50% de 8,4 ME) mais, “logo de pór moitas desculpas, trécolas administrativas, a día de hoxe non temos constancia de que o Instituto fixese ningún pagamento”.
Asi as cousas, a Consellaría comprometeuse a “realizar todos e cada un dos proxectos previstos e adiantar o seu pagamento para evitar maiores dilacións.
Tramitación longa e difícil
Calvo informou da situación actual dos principais proxectos: o departamento galego terá redactado a finais deste ano os documentos técnicos do polígono industrial de Penapurreira, en virtude dun convenio asinado coa Consellaría de Vivenda, con un custe estimado de 1.000.000; elaboración do proxecto construtivo estrada Airíos-Momán (que terá un investimento total de 200.000 euros); terreos para a EDAR e colector de augas a Penapurreira, neste tema, o concello das Pontes trasladou un anteproxecto de EDAR que está pendente da sinatura do convenio para a adquisición de terreos e redacción do proxecto de colectores a Penapurreira e pendente de que o concello remita unha estimación dos custes; a dotación de infraestruturas de gas a Airíos e Penapurreira segue pendente; na estación de augas depuradoras, a Consellaría ten redactado convenio de colaboración con Medio Ambiente por importe de 150.000 euros para a redacción do proxecto da EDAR cara finais de 2008.
Calvo lembrou que, unha vez rematada a fase de redacción de proxectos, o paso seguinte será remitírnosllos ao Instituto “para facer o convenio específico consonte ao protocolo asinado con este organismo”.
“Se o organismo non varía o comportamento que amosou no pasado, de rixidez administrativa e sen contemplar suxestións formuladas dende o Goberno Galego, pódese prever unha longa e difícil tramitación”, concluíu o director xeral.
O deputado do BNG criticou tamén duramente a actitude do goberno estatal e instouno a cumprir co comprometido para un período temporal que xa rematou.

También podría gustarte
Comentarios