Derradeira xornada de liga na Segunda División B, na que o Esteo recibe ó conxunto salmantino do CD Albense FS, de Alba de Tormes, encontro que comezará ás seis da tarde (18:00) no pavillón municipal da Fraga, con entrada gratuíta.
Os ponteses, que nas últimas sete xornadas só gañaron un partido e perderon os restantes, queren despedir a tempada cunha vitoria que lles deixe bo sabor de boca e ó mesmo tempo dar unha alegría á súa afección, que están a ver derrotas consecutivas do seu equipo.
O Albense é sexto na clasificación con 36 puntos e o Esteo oitavo con 31. Se o Esteo vence e o Benavente perde na súa pista ante o Zamora, o conxunto pontés subiría un posto na clasificación.
Sinalar que nas filas do conxunto salmantino está o porteiro Santos, que na década dos noventa estivo no histórico Autos Puentes e logo no Parrulo Ferrol e a pasada tempada defendeu a portería do Atlético Benavente.
Esta é a cuarta visita do cadro salmantino a As Pontes, onde gañou as dúas últimas tempadas (1-2 e 4-5) perdendo na 2013/14 por 6-2. Na primeira volta rexistrouse empate a tres goles na pista albense.
SEGUNDA DIVISIÓN B (26ª xornada)
O ESTEO F.S. – C.D. ALBENSE F.S.
Sábado 20 – Maio – 2017 (18:00)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
CATEGORÍAS DE BASE
FINAIS DA COPA DA TERRA CHÁ
SÁBADO 20 DE MAIO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DA PASTORIZA
Prebenxamin: O ESTEO F.S. – RÁBADE ou BEGONTE (16:00)
Alevín: GUITIRIZ – O ESTEO F.S. (18:00)
Cadete: GUITIRIZ – O ESTEO F.S. (20:00)
COPA PROVINCIAL
SÁBADO DÍA 20 DE MAIO NO PAVILLÓN “PILAR BARREIROS” (LOUSAME)
Semifinal infantil: O ESTEO F.S. – AS BALEAS F.S. (12:15)
3º e 4º Posto (15:30) – FINAL (16:40)
SÁBADO DÍA 20 DE MAIO NO PAVILLÓN “ALFONSO RODRÍGUEZ” (NOIA)
Semifinal benxamín: O ESTEO F.S. – E.D.M. PONTECESO (12:15)
3º e 4º Posto (15:30) – FINAL (16:40)
RESULTADOS DAS SEMIFINAIS DA COPA DA TERRA CHÁ
XOVES 18 DE MAIO DE 2017
Cadete: BEGONTE – O ESTEO F.S. (1-2)
Prebenxamín: CASTRO – O ESTEO F.S. (0-3)
Benxamín: CASTRO – O ESTEO F.S. (4-4) (Esteo a penaltis)
Alevín: COSPEITO – O ESTEO F.S. (3-8)
Nova cortesía de A.F.