O AS PONTES CONQUISTOU O XIX TROFEO “VILA DE AS PONTES” Ó VENCER NOS PENALTIS Ó RACING VILALBÉS (1-1, 5-3)

O As Pontes alzouse por sétima vez co trofeo Vila de As Pontes ó superar na quenda dos penaltis (5-3) ó Racing Vilalbés, xa que o resultado ó remate dos noventa minutos foi de empate a un gol, tantos marcados un en cada tempo.
A pesar de ser un enfrontamento amigable e a que os dous equipos aínda están en período de preparación, o partido foi xogado con moita intensidade polos dous conxuntos e con moitas faltas, sobre todo por parte do cadro vilalbés. Na primeira parte houbo un lixeiro dominio dos ponteses, que a catro minutos para os descanso lograron o seu tanto nun lanzamento de falta que executou maxistralmente Diego Piñeiro dende o seu terreo de xogo. O naronés vendo a Marcos moi adiantado sacou con rapidez e dunha perfecta volea sorprendeu por alto ó ex-porteiro do As Pontes.
Na segunda parte houbo moitos cambios, xa que os dous equipos deron entrada a 21 xogadores, dez polo As Pontes e once polo Vilalbés. O xogo seguía sendo o mesmo, con dous equipos na procura do gol, tanto que chegaría para os vilalbeses a falta de dez minutos para o final.
Co empate a un gol chegaríase ó remate do partido e para decidir o vencedor houbo que realizar o lanzamento de penaltis. Os ponteses fixeron pleno, marcando Iván González, David Vidal, Moya, Diego Charlón e Carba, mentres que polo Vilalbés marcaron Justino, Dani e Roberto Prieto, errando Félix o terceiro penalti, polo que non houbo necesidade de lanzar o quinto.
A concelleira de cultura e deporte, Eva Conde, entregou o trofeo de subcampión ó capitán do Racing Vilalbés, e Montserrat García, tenente de alcalde e deputada provincial, o de campión a Rivas, capitán do CD As Pontes
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg


O CD As Pontes logrou o trofeo da súa vila ó vencer na quenda dos penaltis ó Racing Vilalbés, xa que o tempo regulamentario rematou con empate a un gol. A pesar de ser día laborable e de sol, o campo do Poboado rexistrou unha boa entrada, uns 250 espectadores nas gradas.
CD AS PONTES: Simón, Esmorís, Jordi, Diego Piñeiro, Rochela, Schuster, Felipe Varela, Dani, Hugo Soto, Bossa e Javi López. Na segunda parte entraron: Chote, Carba, Iván, Charlón, David Vidal, Borja, Rivas, Moya e Vicente.
RACING VILALBÉS: Marcos, Pillado, Borja, Prieto, Germán, Pablo, Adrián, Omar, Nico, Vicente e Maikel. No segundo entraron: José Ángel, Suso, Justino, Félix, Dani, Riki, José, Bruno, Dapo, Ferreiro e Álex.
ÁRBITRO: Landrove Lago, auxiliado por Veiga López e Miño Pico, da delegación de Ferrol.
GOLES: Minuto 41 (1-0): Diego Piñeiro. Minuto 80 (1-1): Dani.
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
trofeo_vila_as_pontes_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios