O As Pontes visita a un necesitado Lemos

[Diario de Ferrol] O C. D. As Pontes empeza a segunda volta coa firme intención de correxir o errático rumbo que levou na primeira. De momento, hoxe ten un rival que non semella tan duro como se presentara no arranque da liga. O As Pontes xogará contra un Lemos que, se a priori partía como un dos fortes polo seu pasado tan recente na terceira, ó final está a acusar a crise que sofre o clube e conta cunha das plantiñas máis xustas da liga.


No debut este ano os dous equipos empataran sen goles, resultado que agora non se pode permitir ningunha das dúas escadras. Nesta segunda saida consecutiva, os azuis buscarán tres puntos que lles permitan pasar páxina da derrota colleitada en Boiro hai unha semana.
E para buscar ese triunfo poderán contar cunha cara nova, a de Moreno, un xove extremo esquerda brasileiro que procede do Residencia de Lugo, un mediocampista moi ofensivo, que pode desenvolverse ben na media punta, e que estará xa a dispor do míster.
O que si terá que variar é a defensa, pois Boo vai ser baixa por tarxetas, e o seu lugar pódeo ocupar Alberto ou Seco. O encontro xógase hoxe ás 16.15 horas en A Pinguela, Monforte.

También podría gustarte
Comentarios