O Centro de Maiores de Pontedeume acolle mañá unha mesa redonda sobre a contaminación do río Eume

Río Eume.jpg
Mañá ás oito do serán terá lugar unha mesa redonda no Centro Municipal de Maiores de Pontedeume, onde se falará sobre o estado actual do Río Eume e os cauces afectados polas obras da autovía Ferrol-Vilalba AG-64.


O acto que está organizado por ADEGA – Trasancos, contará coa participación de Concha Ferreiro, química, profesora e vogal de ADEGA – Trasancos; Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA; e Humberto Fidalgo, Vicepresidente de ADEGA-Trasancos e responsábel xunto a C. Ferreiro, do estudo de campo da contaminación do Río Eume.
Nel afondarase sobre a actual situación do Río Eume, a efectividade das medidas tomadas ata o momento e as posibles medidas complementarias que se deberían tomar para garantir a recuperación dos cauces afectados.

También podría gustarte
Comentarios