[RTV Eume] Mañá arrinca unha das citas ineludibles do Nadal pontés e é que, en poucas horas, será posible comezar a montar os ordenadores aqueles e aquelas que decidan participar nunha nova edición da Amigus Party Nadal.
Nesta ocasión o lugar escollido foi o local social do barrio das Campeiras onde os asistentes a esta clásica quedada de internautas contarán cunha praza con acceso a un enchufe da rede eléctrica e outro da rede de datos, debendo levar o preciso para poder evolucionar cos seus computadores durantes as 34 horas que irán do sábado á mañá ata domingo ás 20.00 horas.
Ás 10.00 do sábado comezará esta fin de semana que se vai pechar cunha cea ás 22.00 do domingo, e para a que se pode facer a inscripción no decurso da propia party.
Non faltarán os torneos dos xogos máis populares, como son o Call of Duty 4, que se disputará por equipos, o Netxuiz que xa se xogará de xeito individual, e o Day of Defeat, na modalidade de toma da bandeira e en equipos de seis xogadores.
Este ano, como vemos, a cita é fundamentalmente lúdica, co protagonismo absoluto para os xogos, e debedes lembrar que, anque a cita é para a fin de semana, a montaxe farase xa mañá a partir das 20.15 horas.