Amigus
As Pontes

O Concello acorda coa Consellería de Sanidade a asunción por parte da Xunta do PAC do municipio a partir xa do 2013

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Web oficial Concello de As Pontes. O propio alcalde de As Pontes, Valentín González, e o Concelleiro de Servizos Sociais, José Alén, desprazábanse ata A Coruña para manter unha reunión coa Conselleira Rocío Mosquera, nun encontro no que tamén estivo a Delegada en A Coruña Belén Docampo. En base á conclusión do proceso aberto co expedente de cesión gratuita ao Sergas do edifício que alberga o centro de saúde pontés, na Rúa da Saúde, reclamábaselle que se aceleraran os trámites no posible para que se fixese efectivo o traspaso deste ben de carácter patrimonial.


Acadado o compromiso de asumilo no vindeiro 2.013, tal como lles tarsladaba a mesma Conselleira, para o Concello suporá nos orzamentos do vindeiro ano un aforro da orde de 80.000 euros, ó supoñer que sexa a administración autonómica a que se faga cargo de sufragar o mantemento das instalaciones, da limpieza, seguros, enerxía eléctrica, combustible, ou alarma.
No decurso desta reunión, o Alcalde e o Concelleiro de servizos Sociais demandaban tamén que non se vise mermada a oferta de servizos do PAC pontés, diante de calquera política de reducción que poda plantexarse o goberno galego. Antes ben, insistíuse na reiterada demanda de dotación dunha nova pediatra. Rocío Mosquera acusaba recibo destes requerementos e garantía que o ano que ven se farían cargo da titularidade do edifíco, e por tanto do servizo, tal como se acordara por unanimidade en sesión plenaria do Concello pontés.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios