[RTVEume] Diante da aplicación do Decreto do Carbón , sen que se recollan medidas que dean solucións aos efectos negativos que puidera ter sobre o emprego e a economía da noas vila e do noso entorno, é necesario que xunto coas medidas de xestión política expresemos con rotundidade o noso rexeitamento a esta situación.
Isto aféctanos a todos, dende comerciantes, empresarios, transportistas, e en xeral a todo os veciños e veciñas.
Por iso , dende o Concello e os distintos colectivos estanse a adoptar medidas de protesta e de presión para que se apliquen solucións que garantan o emprego e en definitiva o noso futuro.
O mércores 13 dará comezo unha marcha negra encabezada polos alcaldes de As Pontes e Cerceda ata a Delegación do Goberno na Coruña, coa chegada prevista para o sábado 16 as 13:00 horas.
O sábado sairán autobuses as 10 da maña de diante do Concello ata a Delegación do Goberno para tódolos veciñ@s que desexen amosar o seu apoio e a súa protesta.
Pedimos a colaboración e implicación directa de todos para facer unha concentración masiva diante da Delegación do Goberno.
Asemade dende o mércores estarán colocadas mesas para recollida de sinaturas no Concello, na Casa Dopeso, no Mercado de Abastos e no Centro de Saúde.
Novas
- Curso de mbot2
- Curso de Xestión Electrónica para asociacións
- RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA LXI TRAVESÍA DE FOZ.
- Curso intermedio de Arduino
- RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE K2 PARA CATEGORÍAS BENXAMÍNS E ALEVÍNS.
- RESULTADOS VI REGATA DO 2º CIRCUITO DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
- VI REGATA DE PIRAGÜISMO DO 2º CIRCUITO DIPUTACIÓN DE A CORUÑÁ
- RESULTADO GRUPO XUVENIL NO DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO.
- RESULTADOS GRUPO XUVENIL REGATA PROVINCIAL OUTES
- O LAGO DE AS PONTES ACOLLERÁ A PRIMEIRA REGATA CLASIFICATORIA PARA A CLASE OPTIMIST
Anterior
También podría gustarte
Comentarios