Amigus
As Pontes

O Concello de As Pontes de García Rodríguez…

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

…convoca concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia para adxudica-la producción e creación de contidos do portal cidadán dos concellos das Pontes de García Rodríguez e Vilalba, incluído no proxecto Vilas Dixitais.
Presuposto: 116.878 euros (IVE incluído).
Prazo de execución: dous meses.


Pregos.- O prego de cláusulas administrativas que rexe esta contratación poden examinarse durante as horas de oficina no departamento de contratación, 1ª planta da Casa do Concello (Rúa do Concello, s/n-15320 As Pontes-Teléfono 981453116).
Garantías:
Garantía provisional.- Non se esixe.
Garantía definitiva.- 4% do prezo de adxudicación.
Presentación de proposicións.- No rexistro xeral da Casa do Concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos oito (8) días naturais seguintes a contar do día da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, en tres sobres cerrados, que poderán ser lacrados e precintados, firmados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Apertura de proposicións.- Na Casa do Concello á hora e data que se comunicará ós licitadores presentados.
Gastos de anuncios.- O adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen, e demais indicados no prego.
As Pontes de García Rodríguez, 19 de novembro de 2004
O alcalde,
Asdo.: Víctor Guerreiro Pena
Máis información: http://www.dicoruna.es/bop/2004/11/26/13129-0.htm

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios