O concello de Salceda contará cunha web que centralice e facilite tódalas xestións administrativas cos veciños
Lendo codigocero.com:
“No camiño (inevitable) que iniciou hai tempo a Administración na procura do seu sitio na era dixital, Galicia leva en gran medida a voz cantante no panorama español. É aí, nesta vontade de levar a iniciativa, onde hai que encadrar o que puxo en marcha Concello de Salceda: a primeira web do país en xestión administrativa integral e información.”…
…”O obxectivo é o de facilitar na medida do posible os trámites administrativos que os veciños podan iniciar co concello, aforrándolles as molestias dos continuos desprazamentos a axilizando os procesos. Este portal, que a xuízo dos seus responsables é único en España, será presentado este venres 1 de outubro ás 12.00 horas no Auditorio de Salceda.”…
Fonte: codigocero.com