O Concello e o Clube ciclista Vilalba – As Pontes organizan unha roita para bicicletas de montaña

Cartel Ruta BTT Sept 2010.jpg
Concello de As Pontes. O 11 de setembro terá lugar este percorrido dirixido tanto a expertos coma novatos nesta disciplina.


O Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Deportes, e o Clube Ciclista Vilalba – As Pontes están a organizar para a xornada do 11 de setembro, unha saída adicada ao manexo da bicicleta de montaña (BTT) para nenos e adultos.
As roitas que se están a preparar por parte da organización recollen dúas opcións: iniciación para maiores de 12 anos sen experiencia e que afrontarán un percorrido de 9 quilómetros de baixa dificultade, e unha segunda proposta para os xa experimentados que afrontarán unha roita intermedia de 16 quilómetros, tan só apta para maiores de 16 anos con experiencia previa en BTT.
Ámbalas dúas propostas comparten paisaxes xa que está previsto que se desenvolvan nos arredores do lago de As Pontes.
A saída destas dúas roitas está programa para as 10.00 horas, do campo de rugbi Monte Medulio, ubicado na Canle IV.
Para poder anotarse é preciso contactar coa técnica municipal de Deportes, telefonando ao 667 19 20 99, e así será posible inscribirse con tan só facilitar os datos do participante (nome e apelidos, DNI, idade e modalidade na que se ten previsto participar).
Os rapaces e rapazas menores de idade deberán acompañar a súa inscrición dunha autorización asinada polo seu pai, nai ou titor/a, que deberá incluír unha fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a do participante. Esta documentación poderá ser solicitada tamén a través do número 667 19 20 99 e deberá entregarse denantes das 9.45 horas do propio 11 de setembro
A organización anuncia que será obrigatorio o uso de casco en ámbolos dous percorridos.

También podría gustarte
Comentarios