Amigus
As Pontes

O concello pontés albergará en xuño a primeira Cita coa Historia das Pontes

Haberá recreacións de tribos castrexas e tropas romanas e bárbaras nun evento que substituirá ña tradicional feira medieval.
[El Progreso] A Asociación Lembranza da Vila, co respaldo do Concello pontés, organizará no mes de xuño a primeria edición da Cita coa Historia das Pontes de Gracía Rodríguez, un evento que sustituirá á tradicional feira medieval que se celebraba desde hai varios anos no mes de setembro.
A Cita coa Historia das Pontes desenvolverase no barrio da Vila despois do San Xoán, concretamente os días 27, 28 e 29 de xuño e será o Grupo Taranis o encargado da creación da volta ao pasado pontés.


Haberá grupos de tribos castrexas – uns dos primerios moradores da vila-, tropas romanas, hordas bárbaras e incluso soldados de García Rodríguez de Valcárce, o noble ao que Henrique II de Castela lle concedeu o señorío de Puentes de Hume en 1376 por rescatalo do cárcere tras a batalla de Nájera.
A maiores das recreacións históricas de distintas épocas, haberá demostracións de artesanía tradicional, exhibicións de cetrería e concertos de música en vivo, entre outras moitas cosas que aínda están por perfilar. Tamén se instalarán postos de venda de gastronomía, coiro e outros productos artesanaís, así como varias tabernas e pequenos restaurantes.
A feira medieval organizábase en setembro impulsada por outra asociación local. Os últimos dous anos o Concello subcontratoulle a unha empresa a súa organización e este ano decidiuse dar un cambio, incluso no nome e na data, para darlle a benvida ao verán.

También podría gustarte
Comentarios